O Real Club Celta, cada un dos seus estamentos, dos seus integrantes, quere proclamar o enorme orgullo que sente por poder gozar dunha afección única, cuxo comportamento, entrega e entusiasmo, alento e actitude supuxeron hoxe un aluvión de enerxía e esperanza para un equipo que se ilusionou, creu e quixo porque a súa afección tamén o fixo.
O recibimento ao equipo foi espectacular, abafador. O apoio durante o partido envexable, pero a ovación ao equipo ao final, co doloroso empate e a dura eliminación, é o que define realmente ao celtismo.
O club quere unha vez máis expresar o seu máis sincero agradecemento á afección por esta xornada inesquecible que reforza aínda máis unha unión fundamental no pasado e conducente a un futuro esperanzador e ilusionante. Grazas afección!