20240601_CELTAFORTUNAvsMALAGA_Aficion-14
Celtismo

Ven a animar ao Celta Fortuna no primeiro partido da tempada!

RC Celta

Xa están á venda as entradas para o primeiro partido da tempada do Celta Fortuna ante o Barakaldo CF. Se queres vir animar ao filial celeste a Abanca Balaídos, o vindeiro domingo 25 de agosto ás 18:00 horas, podes adquirir AQUÍ a túa entrada vía en liña ou de forma presencial nos despachos de billetes do estadio desde unha hora antes do inicio do partido (17:00 horas). O custo das mesmas será de 15 euros para adultos e 10 euros para menores de 8 anos (esta categoría só pódese comprar en despacho de billetes). Lembramos que aqueles afeccionados que teñan o carné celtista en calquera das súas modalidades (Celtista, As Celtas, Colaborador e Abonado) poderán acceder co seu carné sen necesidade de adquirir unha entrada adicional.

Vémonos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas