hard
Celtismo

Ven a coñecer a Hard GZ este martes na tenda oficial de Abanca Balaídos!

RC Celta

Tras o lanzamento de Voltarei, o Celta organiza un encontro moi especial dirixido para toda a afección celeste. O artista vigués, Hard GZ estará este martes, 23 de setembro ás 19:00 horas, no córner de Rio1923 da tenda oficial de Abanca Balaídos, asinando autógrafos e facéndose fotos con todos aqueles que se queiran achegar a coñecer ao autor da canción que nos acompañará no noso regreso a Europa. Será unha tarde para celebrar todo aquilo que nos une cun dos artistas galegos máis influentes do momento.

Mediante “Voltarei“, o Celta e Hard GZ quixeron lanzar unha sentida homenaxe a Galicia, á emigración e a todas aquelas persoas que tiveron que marcharse, soñando con volver algún día. Todo un berro á Afouteza dun pobo que non esquece de onde vén e que, tan só 4 días despois do seu lanzamento, xa acumula máis de 80 mil reproducións en Youtube.

Non perdas a oportunidade e ven a coñecer ao artista do éxito do momento!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas