20240825_CeltaFortunaVSBarakaldo_PiruletaVermella_-aficion52
Celtismo

Ven a vivir un día para a historia en Abanca Balaídos!

RC Celta

O próximo día 7 de setembro, Abanca Balaídos será testemuña dun evento que supoñerá un antes e un despois para a historia do RC Celta. As Celtas inician a súa andaina en competición oficial e, como non podía ser doutra maneira, farano ao grande, no noso templo celeste. Será a partir das 16:30h cando as nosas fagan o seu esperado debut, co respaldo de toda a afección celeste, disputando o seu primeiro encontro ante o Victoria CF. Acto seguido, ás 19:30h., será a quenda do Celta Fortuna que disputará o encontro, correspondente a terceira xornada de Primera Federación, ante o Arenteiro. Será unha xornada repleta de sorpresas, que iremos desvelando nos próximos días, para que se converta nun día inesquecible.

Todos os afeccionados que teñan carné celtista en calquera das súas modalidades (Celtistas, As Celtas, Colaborador e Abonado) e que queiran acudir a este partido, deberán facelo co seu carné sen necesidade de sacar unha entrada adicional. Para estes partidos estarán habilitadas as zonas de Tribuna Alta, Baixa, Marcador Alto (zonas sen numerar) e Marcador Baixo. Os afeccionados visitantes ocuparán a Bancada de Gol, polo que os celtistas non poderán acceder a esta localización.

As entradas xa están á venda na web oficial do RC Celta e tamén estarán dispoñibles de forma presencial nos despachos de billetes do estadio, desde unha hora antes do inicio dos partidos (15:30). O custo das mesmas será de 10 euros e serán únicas e válidas para os dous encontros.

As portas (2, 4, 5, 1, 7, 13 e 14) abrirán desde as 15:30 horas e ata as 20:15 horas. Tanto coas entradas como cos carnés, poderase entrar desde calquera momento para poder ver calquera dos partidos.

Desde a finalización do partido de As Celtas e ata o comezo do partido do Celta Fortuna, permitirase a saída e a reentrada en determinadas portas de cada bancada para aqueles celtistas que o necesiten, aínda que recomendamos que permanezan no interior entre un partido e outro.

Listos para vivir unha xornada histórica?

Esperámosvos!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas