Tras dúas xornadas lonxe de Balaídos, LaLiga regresa a Vigo o vindeiro luns 29 de xaneiro ás 21:00 cun rifado enfrontamento ante o Real Betis, rival directo do RC Celta por engancharse aos postos de clasificación a Europa. Para este encontro as entradas oscilan entre 10 e 25 euros para SUB-25 e entre 15 e 40 para ADULTO.
Os despachos de billetes do estadio abren de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e os días de partido desde as 10 ata o inicio do partido sen interrupción. As entradas tamén poden adquirirse en www.rccelta.es/taquillaCelta.