O RC Celta quere facer partícipe ao celtismo do nacemento do seu proxecto feminino, que arrincará a próxima campaña e terá o seu evento de presentación o próximo 9 de maio en A Madroa. As portas do recinto abriranse ás 19:00 horas e o club poñerá ao dispor dos abonados e afeccionados, desde as 18:00 horas, buses lanzadeira que conectarán Abanca Balaídos co campo.
Unha data marcada na historia do RC Celta, que espera contar co apoio de todo o celtismo para vivir desde dentro un día máxico cheo de afouteza e corazón.
Vémonos, afección!