Hemeroteca celtismo

Venres e sábado, últimos días de campaña de abonados con condicións especiais

RC Celta

ARTICULO WEB 1300x740

 

Os abonados celestes dispoñen de dous días, venres e sábado, para renovar o seu carné do Real Club Celta con condicións especiais: desconto do cinco por cento, acumulable ao familiar ou de accionista até un máximo do 15 por cento, e acceso sen necesidade de suplemento aos partidos designados como Día do Club, un mínimo de tres. Os afeccionados que desexen sumarse á familia celeste e darse de alta tamén poderán beneficiarse desta última vantaxe e non necesitarán abonar un suplemento para presenciar os mencionados encontros.

 

Durante estes dous últimos días de campaña con condicións especiais, o horario de atención ao cliente en Balaídos será de 09:00 a 20:00 horas. As billeteiras de Balaídos permanecerán pechadas o luns e martes da próxima semana por motivos técnicos e reabrirán o mércores xa co horario normal do mes de xullo, de 9.00 a 15.00 horas.

 

O club anima a abonados e afeccionados a que acudan estes dous días a Balaídos para tramitar o seu carné e desta maneira gozar das mencionadas vantaxes.

 

Toda a información sobre a Campaña de Abonados aquí

Abónate online aquí

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas