ESCUDO-1300x400-01
Novas club

Viajes El Corte Inglés, novo patrocinador e proveedor oficial de viaxes do RC Celta

RC Celta

A empresa española Viajes El Corte Inglés chegou a un acordo co RC Celta para ser Patrocinador e Proveedor Oficial de Viaxes do club para as dúas próximas tempadas, a 2021-22 e a 2022-23.

O acordo inclúe a prestación de servizos de transporte e aloxamento para os diferentes equipos do club, así como publicidade no estadio e nova cidade deportiva, así como outras accións asociadas ao club.

Igualmente, Viajes El Corte Inglés ofertará múltiples servizos e produtos para todos os afeccionados, tanto nos desprazamentos dos equipos, como nas propias instalacións do club.

O conselleiro do club, Fernando Rodilla, sinalou que “volver traballar con Viajers El Corte Inglés é un orgullo e unha grata noticia; para o club é moi importante que unha empresa da categoría do Corte Inglés únase ao proxecto do club para poder seguir crecendo e evolucionando ao máis alto nivel profesional, ademais de supoñer unha garantía de calidade, non só para os profesionais do club, si non para os afeccionados que poidan aproveitar este acordo”.

Pola súa banda, desde Viajes El Corte Inglés, Juan José Legarreta, Director División Corporativa, destacou “a importancia que ten este acordo entre as dúas entidades, a satisfacción que supón para a nosa empresa traballar de novo cun club de prestixio como o Real Club Celta e, por suposto, o crecemento que supón para a área deportiva que, dentro de Viajes El Corte Inglés, está especializada en xestión de equipos”.

O RC Celta leva 10 tempadas consecutivas na Liga Santander, en 1ª División, e sempre no Top-10 en términos de audiencias e seguidores. E esta última tempada, foi o segundo equipo das cinco grandes ligas europeas que máis xogadores da súa propia casa utilizou no seu primeiro equipo, por detrás do Athletic Club, que só xoga con futbolistas de orixe vasca. Esta aposta pola canteira e o talento local é un alicerce deportivo da institución e que ten ata unha denominación de orixe.

Viajes El Corte Inglés pertence a un dos grupos empresariais máis importantes do país. Dispón dunha ampla rede de vendas conformada por 786 oficinas, das cales 26 están en Portugal, 1 en Francia outra en Italia, 2 en Estados Unidos e 131 en países LATAM como México, Chile, Colombia, Cuba, República Dominicana, Perú, Arxentina, Uruguay, Panamá e Ecuador.

Ademais conta con 2 Touroperadores: Tourmundial touroperador multidestino. y Club de Vacaciones primero turoperador en España especializado en viaxes para maiores de 60 anos

 

RC Celta

Etiquetas

Novas club

Noticias recomendadas