del-bosque-c-16-9.jpg
Celtismo

Vicente del Bosque ofrece a súa visión sobre o fútbol este xoves no Salón Rexio de A Sede

RC Celta

Este xoves os afeccionados do RC Celta poderán gozar dun invitado de luxo no ciclo de charlas ‘Fútbol de Salón’ organizado polo club celeste e a Fundación. Vicente del Bosque, exseleccionador nacional e campión dunha Eurocopa e un Mundial entre outros moitísimos títulos, disertará no Salón Rexio da Sede sobre o fútbol actual e como evolucionou nas últimas décadas.

Del Bosque (Salamanca, 1950) disputou máis de 300 partidos no Real Madrid en Primeira División, co que conquistou catro Copas de SM o Rei e cinco Ligas. Como adestrador do conxunto branco gañou dúas Ligas de Campións, unha Supercopa de Europa, unha Intercontinental e dúas Ligas. Como seleccionador nacional levou a España a conseguir o seu único Mundial, do que se cumplen agora dez anos, e, ademais, gañou a Eurocopa de 2012.

O salmantino será o terceiro adestrador de prestixio que se pasa polas charlas ‘Fútbol de Salón’ tras os relatorios de Eusebio Sacristán e Jorge Valdano.

A cita é este xoves 9 de xaneiro a partir das 20.00 horas no Salón Rexio de A Sede. A entrada é libre para todos os públicos até completar aforamento e poderase acceder ao salón a partir das 19.30 horas.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas