O club segue apostando polo carácter e a valentía no banco de As Celtas coa renovación de Vicky Vázquez. A adestradora que levou ao equipo para asinar un debut inesquecible continuará á fronte do proxecto durante unha tempada máis.
Vicky asinou este curso con matrícula de honra tras lograr, no primeiro ano de vida de As Celtas, o ascenso directo a Segunda RFEF, 110 goles, 24 vitorias, 3 empates e só 3 derrotas. Unha tempada brillante que terminou con 75 puntos e cunha identidade clara no campo.
A adestradora viguesa é o corazón deste equipo, foi a primeira en escribir historia, e agora seguirá facendoo co mesmo compromiso e entrega.
O RC Celta quere desexarlle o mellor nesta etapa. Os seus logros serán tamén os nosos.
Parabéns, Vicky!