O presidente de LaLiga, Javier Tebas, realizou esta tarde unha visita institucional ao RC Celta na que coñeceu ao detalle as instalacións da Cidade Deportiva Afouteza. O presidente celeste, Carlos Mouriño, percorreu co máximo dirixente de Laliga unhas instalacións que hoxe mesmo recobraron a actividade co regreso do primeiro equipo aos adestramentos tralo seu stage de 12 días en Marbella.
Á visita á Cidade Deportiva Afouteza sumáronse os directores xerais de ambas entidades, Antonio Chaves e Óscar Mayo.