O RC Celta e Vitaldent, primeiro operador odontológico en España e Italia, asinaron un acordo que converte a esta entidade na clínica dental oficial do club celeste. O acordo estará vixente durante a tempada 2020/2021 e inclúe un programa de revisións e descontos en tratamentos de saúde bucodental do que se poderán beneficiar os xogadores e abonados do club.
Vitaldent, que atendeu a máis de 7 millóns de pacientes os seus 30 anos de actividade, demostra desta forma o seu compromiso co deporte e cos xogadores. A través deste acordo, o RC Celta e os seus abonados terán á súa disposición profesionais de todas as áreas da odontoloxía: ortodoncistas, implantólogos, higienistas e auxiliares de clínica, así como avanzadas tecnoloxías para o diagnóstico e tratamento odontológico.
Para o RC Celta e Vitaldent, o acordo supón vincular dúas entidades que teñen moito en común en canto á promoción e fomento de hábitos de vida saudables, como é a práctica do deporte e o coidado da saúde bucodental.
Sobre Vitaldent
Con 30 anos de actividade no mercado, Vitaldent é actualmente o primeiro grupo español do sector da saúde dental. As clínicas Vitaldent proporcionan un diagnóstico integral aos seus pacientes coidando a saúde bucodental con tratamentos innovadores e unha atención asistencial de alta calidade. A misión de Vitaldent é facer accesible a odontoloxía de calidade á sociedade coa tecnoloxía máis avanzada, os mellores tratamentos e profesionais de experiencia contrastada.
Advent International, unha das firmas de capital privado máis grandes e experimentadas do mundo, é o accionista maioritario de Vitaldent. Advent opera en España desde hai case 30 anos e conta con 6 profesionais encargados de realizar investimentos no país e con 80 empregados en Europa.