AF_Creatividades_Visionado_002_1920x615
Celtismo

Vivamos todos xuntos o Osasuna – RC Celta en Abanca Balaídos!

RC Celta

Abanca Balaídos abre as súas portas por primeira vez para que a afección celeste goce unida do partido fóra de casa que o RC Celta disputará este domingo, 1 de setembro ás 17:00h, ante o Osasuna en El Sadar. Unha oportunidade especial para que todos os afeccionados poidan coñecer este novo espazo VIP, instalado esta tempada no estadio, no que seguro vivirán unha experiencia única.

O acceso realizarase pola porta 12, media hora antes do inicio do partido, e será libre ata completar capacidade para todos os afeccionados que teñan o Carné Celtista en calquera modalidade (Celtista, As Celtas, Colaborador ou Abonado). Solicitarase o carné á entrada polo que é fundamental que todos os asistentes léveno, tanto de forma física como dixital.

O RC Celta anima, a todas as persoas que queiran, que se unan a vivir esta nova experiencia que estará amenizada polo DJ Iván Alonso, para ir quentando motores na previa do encontro, do mesmo xeito que unha mesa de comida quente.

Lembramos que nesta ocasión, a retransmisión só se fará en Abanca Balaídos, non en A Sede como viña sendo habitual.

O celtismo unido é o principal motor para o RC Celta polo que xuntos seguiremos vibrando e empuxando ao equipo cara á vitoria.

Vémonos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas