AF_Creatividades_Visionado_002_16-9
Celtismo

Vive o Atlético de Madrid – RC Celta en A Sede!

RC Celta

Celtismo, este sábado temos unha nova cita. O Salón Regio de A Sede volverá abrir as súas portas para gozar da xornada 24 de LALIGA EA SPORTS, que enfrontará ao RC Celta e Atlético de Madrid, ás 18:30h., no estadio Riyadh Air Metropolitano.

As portas abriranse media hora antes do comezo do partido (18:00h.) para todos os afeccionados que teñan o Carné Celtista, en calquera das súas modalidades (Celtista, As Celtas, Colaborador ou Abonado) ata completar capacidade. Solicitarase o carné á entrada, polo que é fundamental que todos os asistentes léveno, de forma física ou dixital. Lembramos que nesta ocasión, a retransmisión só se fará nen A Sede, non en Abanca Balaídos.

Durante o encontro, haberá un servizo de comida quente da man de El Trigal. Non te perdas esta gran oportunidade para gozar dunha nova xornada a domicilio todos xuntos. Unidos levaremos ao equipo cara á vitoria.

Vémonos, afección!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas