Abanca Balaídos abre as súas portas para que o celtismo viva unido o partido fóra de casa que o RC Celta disputará este domingo, 27 de outubro ás 14:00h, ante o CD Leganés en Butarque.
Todos os afeccionados que teñan o Carné Celtista, en calquera das súas modalidades (Celtista, As Celtas, Colaborador ou Abonado), poderán asegurar o seu acceso gratuíto ao estadio AQUÍ. O aforo é limitado, polo que o formulario pecharase automaticamente unha vez completado.
O acceso realizarase pola porta 12 media hora antes do inicio do partido, onde se solicitará o carné á entrada, polo que é fundamental que todos os asistentes léveno, de forma física ou dixital. Ademais, xa que o partido comezará á hora para comer, o RC Celta poñerá ao dispor dos afeccionados un servizo de bar dentro das instalacións.
Lembramos que nesta ocasión, a retransmisión só farase en Abanca Balaídos, non en A Sede como viña sendo habitual.
O celtismo é o motor do RC Celta e o club está seguro de que, xuntos, o equipo logrará volver a Vigo cos tres puntos.
Ata o sábado, afección!