Hemeroteca celtismo

Vodafone reparte agasallos dentro da súa promoción exclusiva para celtistas

RC Celta

 vodafone_entrega_premio.jpg

Sonia Vilán, aficionada celeste, recolleu esta tarde en Balaídos un smarthpone de última xeración

 

Vodafone continúa repartindo premios entre aqueles clientes que se acolleron á atractiva promoción deseñada en exclusiva para abonados e afeccionados do Real Club Celta.

 

Até o 31 de xullo, os celtistas que acudan a unha tenda Vodafone da provincia de Pontevedra e acóllanse a esta promoción gozarán dun desconto do 25% na súa factura durante 9 meses, ademais de recibir un polo oficial de agasallo e de entrar no sorteo de smartphones de alta gama ou posters asinados polos xogadores do club vigués.

 

Sonia María Vilán Castro, seguidora do Real Club Celta, foi unha das primeiras afortunadas ás que Vodafone agasallou cun terminal de última xeración. A afeccionada celeste acudiu esta tarde ao estadio de Balaídos para recoller o seu premio, que foi entregado por Alberto Díaz, representante da empresa.

 

Como patrocinador do Real Club Celta nesta tempada, Vodafone regalou unhas 2.000 entradas para os partidos aos seus clientes e entregou posters en colexios e nos puntos de venda da compañía de telecomunicacións, levados por xogadores do primeiro equipo. Ademais, organizou visitas guiadas polo estadio para adultos e nenos, repartiu camisetas e mellorou a cobertura de rede no estadio de Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas