ESCUDO-1300x400-01
O Club

Volve o público, sen restrincións do aforo, a Abanca Balaídos para o RC Celta – Sevilla FC

RC Celta

Este domingo 17 de outubro volverá o fútbol sen restricións de aforo a Abanca Balaídos. 603 días despois do último partido co 100% de público permitido, o RC Celta acollerá un encontro coa posibilidade de encher as súas bancadas.

Un momento en grao sumo esperado por parte do club e os seus afeccionados e no que o RC Celta sacará entradas á venda para o público xeral.

Os abonados do RC Celta poderán acceder ao campo co seu carné da tempada 2021/22. Os portadores dun abono a nome de empresa ou pena deben identificarse a través dun formulario antes de acceder ao estadio. Para o público xeral poranse entradas á venda (pica aquí para comprar a túa entrada ou acceder ao formulario).

 

Prezos entradas RC Celta – Sevilla FC:

 

– Tribuna Alta: 50€ Adulto
– Tribuna Baixa: 40€ Adulto / 30€ Sub25
– Río Baixo e Alto: 40€ Adulto / 25€ Sub25
– Gol: 30€ Adulto / 15€ Sub25

 

 

As cantinas do RC Celta en Abanca Balaídos abriranse por primeira vez nesta tempada antes do partido, no descanso, e ao finalizar o mesmo. O consumo de alimentos e bebidas só se permitirá na zona das cantinas, non así na zona de bancadas nin no asento. En bancada só se poderá consumir auga. O consumo de alimentos só permitirase na zona das cantinas, non así na zona de bancadas nin no asento.

Todo iso queda supeditado á lexislación vixente o día de partido.

RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas