ESCUDO-1300x400-01
Celtismo

“Volver” con prezos de fai catro anos: a campaña de abonados 2021/22 conclúe este mércores

RC Celta

A campaña de abonados do RC Celta para a tempada 2021/22 preséntase cunha soa palabra, pero recolle un aluvión de emocións e sentimentos: “volver”. Tras unha campaña, a anterior, de doloroso silencio, ausencia e lexanía, a afección celeste volverá ao estadio de Abanca Balaídos para darlle vida ao equipo.

O RC Celta lanzará o luns 2 de agosto unha campaña na que se manteñen os prezos, exactamente os mesmos que na tempada 2017/18. Catro anos xa sen subidas. A todos os actuais abonados aplicaráselles un desconto especial de 50 euros. Ademais, aos que dispoñan de monedero dixital tamén se lle descontará a cantidade dispoñible nese soporte.

A campaña concluirá o día 11 de agosto, uns días antes do comezo da competición, que arrincará en Abanca Balaídos cun apaixonante RC Celta-Atlético de Madrid.

Debido ás limitacións de acapacidade por mor das obras no estadio, non se tramitarán altas ata que finalice a campaña de renovación de abonos.

Esta campaña desenvolverase, como xa sucedeu nas últimas, exclusivamente online, no portal rccelta.es/abonados, no que se poderán realizar todos os trámites de xeito sinxelo e seguro e consultar toda a información e detalles da campaña.

Vantaxes

Os abonados celestes terán as seguintes vantaxes:

-Acceso aos partidos como local do RC Celta en Abanca Balaídos*

-Acceso aos partidos como local do Celta B e Celta C – Gran Pena*

-Desconto do 10% en tendas oficiais do RC Celta

-Prezo especial en camisetas oficiais durante campaña de abonados. Adulto 67€ (PVP 79,95€) Infantil 49€ (PVP 69,95€)

-Prioridade ao acceso de entradas para partidos como visitante

-Acceso promocións e contidos dixitales exclusivos reservados para os nosos abonados

-Acceso aos partidos como local de Celta Zorka Baloncesto

*Suxeito a posibles restriccións de aforo debido a condicións sanitarias

 

Recolocación

As obras que sofre o estadio obrigarán á recolocación de numerosos abonados. Os de Marcador instalaranse en Gol co prezo da súa grada de orixe e en caso de desexar un cambio de bancada deberán abonar a diferenza. No proceso de renovación online o abonado poderá comprobar a ubicación do novo asento que se asignou de forma temporal ata que poida regresar á nova grada de Marcador.

Os abonados que tramitaron a súa alta durante a tempada pasada recibirán unha chamada do club para que indiquen en que grada queren a súa butaca. Poderán escoller entre as gradas de Tribuna Alta, Tribuna Baixa e Río Alto.

Por mor das obras no estadio non están dispoñibles as gradas de Marcador, Gol, Río Baixo e Bancada Seareiros. Unha vez indicada a grada, o abonado poderá tramitar a renovación do abono na web rccelta.es/abonados

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas