20240901_OSASUNAvsRCCELTA_Aficion-8
Celtismo

Xa á venda as entradas do Osasuna-Celta!

RC Celta

No día de hoxe, xoves 9 de outubro, o Celta pon á venda as entradas para o partido como visitante ante o Osasuna, que estarán a un prezo de 30 euros. Desde este momento, xa está dispoñible a pre-reserva de entradas para este encontro que terá lugar o próximo domingo 26 de outubro ás 18:30h en El Sadar.

A continuación, explicamos detalladamente como realizar o proceso e cales son os pasos a seguir desde o Portal do Celtista:

Pre-reserva e adxudicación

Para optar a unha entrada na bancada visitante (40 euros), é necesario realizar unha inscrición no Portal do Celtista de maneira individual ou en grupo (de un máximo de 6 celtistas) e un pago de pre-reserva (5 euros) co obxectivo de que as peticións sexan en firme, que se devolverá no caso de non ser seleccionado/a.

Este pago non garante automaticamente a entrada, senón que permite participar no proceso de adxudicación, que se regula polos seguintes criterios:

  • 75% das entradas adxudícanse segundo a antigüidade: téñese en conta a media de antigüidade no caso de grupos e a antigüidade individual en solicitudes persoais.
  • 25% das entradas adxudícanse mediante un sorteo entre os solicitantes restantes.

Unha vez finalizado o proceso de adxudicación, todos os inscritos recibirán un correo informando sobre o resultado da súa solicitude.

Pago final para os seleccionados

Os celtistas que resulten seleccionados recibirán un correo de confirmación coas instrucións para completar a compra abonando a diferenza respecto á pre-reserva realizada.

Para formalizar a compra, deben seguir estes pasos:

  1. Acceder ao Portal do Celtista e dirixirse ao apartado “Entradas Visitante”.
  2. Completar o pago dentro dun prazo máximo de 48 horas desde a recepción do correo.
  3. Recibirán a confirmación da compra e a información sobre a entrega da entrada.

Importante: Se o pago non se realiza dentro do prazo indicado, perderase o dereito á compra da entrada e o importe da pre-reserva non será reembolsado.

Devolución para os non seleccionados

Aqueles afeccionados que non resulten seleccionados recibirán un correo coa notificación e, de forma automática, o club procederá ao reembolso íntegro do importe da pre-reserva no mesmo método de pago utilizado durante a inscrición.

Confirmación e entrega de entradas

Os seguidores que completen o proceso de compra recibirán un correo de confirmación. É importante lembrar que o comprobante de pago non é válido como entrada.

Neste caso, a entrada será entregada en papel, polo que será necesario acudir presencialmente a retirala, habilitándose un prazo para iso en Vigo entre luns 20 de outubro ás 16:00h ata mércores 22 de outubro ás 19:00h, na Área Celtista de Abanca Balaídos.

Unha vez realizada a compra, non se permiten cambios nin devolucións.

A pre-inscrición para as entradas está dispoñible no Portal do Celtista desde hoxe mesmo ata o martes 14 de outubro ás 12:00h. Lembramos que estas son nominativas e se pedirá o DNI xunto coa entrada no acceso ao estadio.

Vémonos en Pamplona, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas