Hemeroteca celtismo

Xa á venda as entradas para o Celta-Valencia

RC Celta

jonny-celath-copa-1415.jpg

Mantense os prezos habituais: entre 25 e 50 euros para Adulto e entre 15 y 25 para Sub-25

 

Xa están á venda as entradas para a Celta-Valencia de Liga (sábado, 20h, Balaídos), un encontro de gran atractivo que promete espectáculo e emoción. Os billetes, que poden adquirirse na oficina de abonados de Balaídos, manteñen unha xornada máis os prezos habituais desde a pasada tempada: entre 25 e 50 euros para categoría ADULTO e entre 15 e 25 euros para categoría SUB-25.

 

Os celestes enfrontaranse o sábado a un dos conxuntos en mellor forma do campionato ligueiro, co que a esixencia do partido será máxima. Alcanzar a vitoria requirirá do esforzo e entrega do equipo, pero tamén do apoio do celtismo que en innumerables ocasións demostrou ser determinante. O club anima a todos os abonados e afeccionados a acudir a Balaídos para alentar ao equipo vigués e remar xuntos cara a un triunfo co que romper a tendencia de resultados das últimas semanas.

 

A oficina de abonados permanece aberta de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. Ademáis a venda de entradas está operativa as 24 horas do día no despacho de billetes online: www.celtavigo.org/taquillaCelta

 

precios_valencia.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas