xuntos
Celtismo

Xa á venda as entradas para o partido “Xuntos contra o lume”

RC Celta

Xa están á venda as entradas para o partido solidario que disputará o Celta o vindeiro mércores, 8 de outubro ás 20:00h. en Abanca Balaídos, ante unha Selección de Ourense. As entradas terán un prezo único de 10€ e xa están dispoñibles na web do Celta. Lembramos que nesta ocasión non se poderá acceder co Carné Celtista Abonado.

Todo o recadado nesta iniciativa Xuntos contra o lume será doado para proxectos de reforestación das zonas máis afectadas polos incendios forestais que arrasaron este verán a provincia de Ourense.

Ven a gozar do equipo celeste nunha cita única, solidaria e emotiva. Xuntos devolverémoslle a vida aos montes que tanta vida nos dan.

Esperámosvos!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas