20250331_RCCELTAvsLASPALMAS_Diego_estadio_abanca_balaidos, aficion_157 (1)
Celtismo

Xa á venda as entradas para os tres primeiros partidos en Abanca Balaídos!

RC Celta

¡Arrinca unha nova tempada en Abanca Balaídos! Xa podes conseguir as entradas para os tres primeiros partidos de LaLiga EA Sports 2025/26 a través da nosa web. Volvemos á casa con toda a ilusión, e queremos que cada visita ao estadio sexa moito máis que 90 minutos de fútbol.

Estes son os primeiros encontros xa dispoñibles á venda:

Celta – Getafe CF
Domingo 17 de agosto – 17:00 h
Mercar entradas

Celta – Real Betis
Mércores 27 de agosto – 21:00 h
Mercar entradas

Celta – Villarreal CF
Domingo 31 de agosto – 17:00 h
Mercar entradas

As entradas xa están dispoñibles para calquera modalidade do Carné Celtista, a partir de hoxe ás 12:00 h, desde 20 € para Carné Celtista, desde 25 € para público xeral.

¡Atención! Durante as primeiras 24 horas, a venda é exclusiva para Celtistas. A partir de mañá, día 1 ás 12:00 h, abrirase a venda ao público xeral.

Pero asistir a un partido en Balaídos será moito máis que ocupar o teu asento. Esta tempada preparamos novas formas de gozar do celtismo con vós, mesmo antes de que o balón comece a rodar. Pensamos en grandes e pequenos, nos celtistas de sempre e en quen nos visita por primeira vez. Queremos que vivades o estadio como nunca antes.

Agora, antes do partido, poderedes:

  • Visitar o Museo Celta, un percorrido emocionante polos nosos 100 anos de historia.

  • Realizar o novo Tour Especial Día de Partido, para coñecer como se transforma Balaídos nas horas previas ao encontro: co ambiente, a preparación e os últimos detalles antes do gran momento.

E iso non é todo. Tamén lanzamos novas experiencias para que formedes parte do partido dunha maneira única:

  • Os nenos entre 8 e 15 anos poderán ser abandeirados na saída do equipo, mentres soa “Oliveira dos Cen Anos”.

  • Ver o quecemento desde o céspede, a só uns metros dos vosos ídolos.

  • Lanzar un penalti en Balaídos ao rematar o partido: pisa o céspede e leva contigo un recordo inesquecible.

Ao longo da tempada iremos incorporando máis sorpresas e vivencias únicas que vos iremos contando.

Queremos que cada partido sexa inesquecible. Que veñades a Balaídos a sentir, a vivir, a ser parte do Celta desde o primeiro momento.

Entradas e experiencias xa dispoñibles en rccelta.es/entradas

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas