
A Celta Fortuna afronta unha tempada para o recordo. Tras o seu histórico ascenso a Segunda División, o filial celeste dá un novo paso e quere facelo acompañado, como sempre, do celtismo. Por iso, dentro da campaña de abonados Agora e Sempre, o club pon en marcha o Suplemento Celta Fortuna, unha nova modalidade para vivir toda a tempada dos de Fredi Álvarez desde unha butaca fixa en Tribuna Alta.
Do 13 ao 24 de xullo, todos os Carnés Celtistas (en calquera das súas modalidades con abono e sen abono) poderán incorporar este suplemento por 63 € (3 € por partido), que lles dará acceso a todos os encontros do Fortuna como local sen necesidade de realizar troco de entrada antes de cada partido, xa que este suplemento traerá consigo un carné propio para esta competición, o Carné Feito na Madroa.
É importante lembrar que, este curso, por requirimentos da propia competición onde todas as localidades deben de ser numeradas, ningún outro tipo de Carné Celtista dará acceso directo aos partidos da Celta Fortuna. Quen non dispoñan do suplemento poderán asistir mediante a compra de entrada ou a través do sistema de invitacións que habilitará o club para todos os tipos de Carnés Celtistas, que supoñerá un 50% da capacidade dispoñible das bancadas que se abran para cada encontro.
A Celta Fortuna inicia un reto apaixonante e o club quere facer un chamamento a todo o celtismo para que estea ao seu lado desde o primeiro día nunha tempada que xa forma parte da historia, dunha historia que tamén se escribe desde a bancada.
Consegue o teu Carné Feito na Madroa, AQUÍ, ou coñece máis detalles, consultando o dossier informativo completo AQUÍ.