Hemeroteca celtismo

Xa están á venda as entradas para o partido do sábado ante o Eibar

RC Celta

emtradas_celta_eobar_web_241114.jpg

Os prezos oscilan entre 15 e 25 euros para os sub-25 e entre 25 e  50 euros en categoría adulto 

 

O Celta regresa este sábado a Balaídos (22.00 horas) para recibir a un recén ascendido que está realizando unha gran campaña, o Eibar de Gaizka Garitano, décimo segundo clasificado na táboa con dúas vitorias e un empate como visitante. As entradas para este interesante encontro xa están á venda nas oficinas de abonados e as taquillas online.

 

Os celestes, tras dous encontros sen gañar, buscarán unha vitoria que lles permita alcanzar os 23 puntos nesta décimo terceira xornada, gran bagaje para alcanzar o obxectivo. En fronte, un difícil rival, que esixirá ao máximo aos célticos no seu intento por volver á senda das vitorias.

 

As entradas para este encontro xa están á venda nas oficinas de abonados, con horario, de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas, mentres que o sábado poderanse adquirir nas taquillas do estadio de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.

 

Ademais, o despacho de billetes online ofrece a posibilidade de comprar os billetes para este encontro en calquera momento do día dunha maneira cómoda e sinxela: www.celtavigo.org/taquillaCelta.

 

Os prezos en categoría adulto son de 25 euros para as gradas de Marcador e Gol, 35 para Preferencia, 40 para Río Baixo e Río Alto e 50 para Tribuna. Para a categoría sub-25, as entradas oscilan entre os 15 euros de Gol, Marcador e Preferencia e os 25 de Río.

 

cel_ei.jpg

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas