20220507_RCeltavsAlaves_publico111
Celtismo

Xa están á venda as entradas para os dous primeiros partidos de LaLiga 24/25!

RC Celta

Cada vez queda menos para volver vibrar todos xuntos en Abanca Balaídos. A espera, sen dúbida, foi dura pero xa está aquí o arranque de LALIGA EA SPORTS que gozaremos con dobre sesión a domicilio.

O venres, 16 de agosto ás 19:00h, recibiremos ao Deportivo Alavés, un encontro que marcará o inicio da tempada celeste. Mentres, unha semana máis tarde, o 23 de agosto ás 19:00, o Valencia CF será testemuña dunha xornada moi especial para todo o celtismo, a celebración do noso 101 aniversario. Dúas citas que serán o pistoletazo de saída dunha apaixonante tempada e para as que xa están as entradas á venda AQUÍ.

Para o partido contra o Deportivo Alavés, as entradas terán un prezo desde 20 € para público xeral e desde 10 € para todos aqueles que teñan Carné Celtista (Celtista, As Celtas, Colaborador ou Abonado).

Por outra banda, no partido ante o Valencia CF, o prezo das entradas oscilará desde os 20 € para público xeral e desde 15 € para Carné Celtista.

Lembrámosvos que todos os que contedes co Carné Celtista, AS Celtas ou Colaborador tedes, ademais do desconto nas entradas para estes dous partidos, a posibilidade de trocar, a través do portal do celtista, os vosos 10€ do bono regalo de benvida. Por tanto, no partido ante o Deportivo Alavés con entradas á venda a partir de 10 €, se trocas o teu bono, a entrada pode saírche GRATIS*!

Para gozar do desconto celtista deberás de identificarte co teu ID e PIN antes de realizar a compra (Acceso socios). Se ademais queres trocar o teu Bono regalo de benvida, poderás facelo na mesma operación aplicando o mesmo en “Aplica as túas promocións e descontos”. Se aínda non tes o teu carné celtista, faite agora e goza dos teus descontos en entradas e forma parte da gran familia celeste.

  • * Sen contar gastos de xestión da plataforma.
RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas