
Este mércores, 29 de xullo ás 18:00h., o Celta Fortuna disputará o seu terceiro amigable da pretemporada 26/27 ante o SC Torreense no Campo Municipal de Barreiro.
O encontro será a porta aberta ata completar capacidade, unha gran oportunidade para que todo o celtismo acompañe ao filial celeste nunha nova proba na súa preparación para afrontar o histórico reto da súa estrea en LaLiga Hypermotion.
Será un partido amigable moi esixente para o conxunto de Fredi Álvarez que se enfrontará a un equipo que a próxima campaña disputará a UEFA Europa Legue.
Esperámoste en Barreiro para seguir empuxando xuntos ao Fortuna!