A escasos días de que As Celtas fagan a súa esperada estrea en Abanca Balaídos, o RC Celta lanza un potente anuncio co que o novo conxunto celeste entra en escena.
Rodado no céspede de Abanca Balaídos e coas xogadoras e o corpo técnico como principais protagonistas, “Xa están Aquí” é un pequeno avance da afouteza, garra e corazón que as nosas demostrarán no terreo de xogo.
O anuncio preséntase cunha nova versión do tema “Xa están aquí”, composición de Os Resentidos. A canción, publicada orixinalmente en 1991, se reinterpreta con voces femininas, acompañadas polo mesmo Antón Reixa. Producida por Iago Pico, produtor de As Tanxuguieras e fundador de Pouland Studios, é unha obra que mestura identidade cultural, tradición, afouteza e raíces, principais acenos de identidade coas que nacen As Celtas. Esta nova versión mostra un estilo único que mestura rock con folclore galego.
Sen dúbida, unha potente presentación lles que inxectará enerxía e corazón para a tempada que están a piques de arrincar,
Xa están aquí!