NARRACION 16X9
Celtismo

Xa somos máis de 23.000 celtistas!

RC Celta

A campaña de abonados para a tempada 24/25 do RC Celta, baixo o lema ‘Herdeiros’, pechou onte os seus prazos de renovación con resultados excepcionais. Un 98,6% dos abonados decidiron renovar a súa praza, un dato que reflicte o forte compromiso da afección co club e destaca o sólido vínculo que lles une á entidade celeste.

A esta cifra súmase o número de persoas que solicitaron o carné celtista, unha iniciativa que viu a luz este ano co obxectivo de incluír na gran familia celeste a aqueles que, por diversas razóns, non poden acceder ao carné celtista abonado. Esta nova proposta xa conta con miles de afiliados, elevando o total de celtistas a 23.000.

Agora, co peche das renovacións, comezan as seguintes fases de ‘Herdeiros’: cambios de asento e apertura de novas inscricións. No período comprendido entre o 4 de xullo e o 12 do mesmo mes, todos aqueles abonados que solicitasen durante o período de renovación o cambio de asento ou de bancada serán atendidos e recolocados segundo a dispoñibilidade de butacas. Estes abonados non terán que acudir a Abanca Balaidos ata que a entidade celeste póñase en contacto con eles. Doutra banda, a partir do 15 de xullo o club poñerase en contacto, por orde de inscrición na lista de espera e ata completar a cota dispoñible en función das baixas producidas, con todos aqueles celtistas anotados na lista de espera para darse de alta e converterse en abonado do RC Celta. Por orde de inscrición, os demandantes recibirán un email coas localidades dispoñibles e todas as instrucións para que poidan formalizar a súa alta.

O club celebra a gran resposta que tivo ´Herdeiros´ e desexa expresar o seu máis profundo agradecemento á afección polo apoio constante e fiel que sempre recibe. Cada alento no campo, cada bandeira ondeando, cada escudo no peito e cada estrofa de ‘Oliveira dos Cen Anos’ ten sentido grazas a vós. Sodes a alma do RC Celta, e o club non pode estar máis orgulloso da unión que existe.

Ala, Celta!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club

Noticias recomendadas