Hemeroteca club

Xantar de confraternización entre RC Celta e Agrupación de Veteranos

RC Celta

comida_veteranos_30715.jpg

Ambas entidades manteñen unha estreita e fluida relación

 

O Real Club Celta e a Agrupación de Veteranos compartiron hoxe unha comida de confraternización á que asistiron o presidente do club, Carlos Mouriño, e a totalidade dos integrantes do consello de administración: os vicepresidentes Ricardo Barros e Pedro Pousada e os conselleiros Carmen Avendaño, Primitivo Ferro e Antonio Rosendo, ademais do director xeral, Antonio Chaves, e o seu homólogo da Fundación Celta, Germán Arteta. Por parte da Agrupación de Veteranos acudiron o seu presidente. Paco Doblas e os directivos Valdo Otero, Jesús Sánchez, Fernando Rodilla, Nando e Moncho Carneiro.

 

O club e a Agrupación de Veteranos manteñen unha estreita relación e o contacto e a colaboración entre ambas as entidades son fluídos e constantes. A comida serviu unha vez máis para intercambiar impresións, debuxar proxectos e iniciativas e, sobre todo, falar dunha paixón común: o Real Club Celta.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas