Audiovisual

XENERA Compañía Eléctrica, novo patrocinador oficial do RC Celta

RC Celta

O club celeste conta por vez primeira cun patrocinador exclusivo de enerxía, XENERA Compañía Eléctrica, a principal comercializadora de luz e gas 100% galega. O acto de firma, celebrado na sede do RC Celta, estivo protagonizado polo vicepresidente celeste Pedro Posada e Esteban Luis, director comercial de XENERA. Pedro Posada expresou a súa satisfacción por un acordo beneficioso para os afeccionados  celestes co engadido de que se trata dunha empresa galega, algo que reafirma os acenos de  identidade do club.

O responsable da compañía destacou que, con este acordo, XENERA reafirma o seu compromiso con Galicia e o deporte da comunidade, ademais de compartir a afección da cidadanía viguesa co principal equipo de fútbol olívico.

Grazas a este acordo, os novos clientes de XENERA poderán acceder, mediante sorteos, a exclusivas vantaxes co RC Celta, como entradas de Tribuna VIP, masterclass en A Madroa, coñecer aos xogadores, tours polo Estadio, camisetas firmadas…

Para optar a estes sorteos só é preciso contratar a Tarifa Balón de XENERA na web xenera.com/rccelta. Trátase dunha vantaxosa tarifa de luz, coa que se poder obter ata un 18% de aforro, ademais de 20 euros de desconto na primeira factura eléctrica.

Todo son vantaxes. Coa Tarifa Balón, os simpatizantes do RC Celta poden aforrar na súa factura de luz, optar a grandes premios e apoiar ao seu equipo.

Coa firma deste acordo, XENERA Compañía Eléctrica, que ademais é membro de honra da Fundación Celta, convertirase no primeiro novo socio deste ano, xa que a campaña de abonados poñerase en marcha en breve. Abónate ti tamén e únete á Tarifa Balón de XENERA. É redonda.

 

 

 

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas