ESCUDO-1300x400-02
Centenario

‘Xeración 23´ arrinca este domingo en Abanca Balaídos co reencontro dos xuvenís celestes da tempada 2000/01

RC Celta

O primeiro episodio da ‘Xeración 23’, iniciativa organizada polo club con motivo do Centenario, terá lugar este domingo desde a previa do partido ante o Valladolid. Unha vintena de xogadores do equipo Xuvenil División de Honra do RC Celta da tempada 2000/2001 reuniranse antes do comezo do encontro para gozar dun emotivo reencontro, compartir recordos e vivencias e vivir unha experiencia única no estadio de Abanca Balaídos.

Os xogadores daquel xuvenil recibirán, como recordo deste reencontro, bufandas do Centenario e gozarán dunha visita guiada polo estadio. Seguirán ademais desde o túnel de vestiarios a chegada do equipo e o quecemento desde a banda. Tras estas actividades, acudirán ao palco para gozar deste emocionante RC Celta – Valladolid.

Esta emotiva iniciativa terá continuidade nos próximos anos, nos que os xuvenís celestes de cada xeración volverán reunirse para lembrar os seus mellores momentos coa camiseta celeste e gozar xuntos dun partido en Abanca Balaídos dunha maneira moi especial.

RC Celta

Etiquetas

Centenario

Noticias recomendadas