Gabriel Cabana, director de Zona, foi o encargado de entregársellas tras o adestramento
Os integrantes do primeiro plantel e do corpo técnico do Real Club Celta recibiron esta mañá nas instalacións da Madroa os cartóns sanitarios de Sanitas. Deste xeito, os integrantes do conxunto celeste poderán gozar da cobertura médica máis completa que ofrece Sanitas en todo o territorio nacional.
Gabriel Cabana, director de Zona de Sanitas, foi o encargado de entregar os cartóns a futbolistas e integrantes do corpo técnico do Celta. Como Provedor Médico Oficial do club, Sanitas pon a disposición dos xogadores e técnicos o seu coñecemento médico e os avances tecnolóxicos e asistenciais máis sofisticados do mercado.
Sanitas, có deporte
Coa súa colaboración co Real Club Celta, Sanitas reforza o seu compromiso co deporte, co que mantén unha dobre vinculación: elite e amateur. No ámbito profesional, no que está presente desde fai máis de dez anos, a compañía é Provedor Médico Oficial dos principais órganos e estamentos do deporte español, como a Real Federación Española de Fútbol (RFEF), o Comité Olímpico Español (COE) e o Comité Paralímpico Español (CPE). Ademais, tamén é Provedor Médico Oficial do Real Madrid e do Villarreal CF.
No deporte afeccionado, Sanitas é patrocinador principal das Sanitas Marca Running Series, ademais de prestar o seu apoio noutras probas de running.
Sobre Sanitas
Sanitas é a compañía especialista en servizos de saúde e benestar en España. Ofrece aos seus clientes produtos e servizos adaptados ás necesidades reais das persoas en cada etapa da súa vida a través dun modelo integral de saúde que inclúe: seguros médicos, hospitais e centros multiespecialidade, centros de benestar, clínicas dentais, outros servizos de saúde e residencias para maiores.
A compañía, que conta con máis de 9.000 empregados e 2,4 millóns de clientes, posúe un cadro médico composto por máis de 40.000 especialistas e 1.200 centros médicos concertados, ademais dunha provisión propia formada por 3 hospitais, 19 centros médicos multiespecialidade, 18 centros de benestar, máis de 170 clínicas dentais e 40 residencias de maiores.
Sanitas forma parte de Bupa, compañía internacional líder en saúde, que serve a máis de 22 millóns de clientes en máis de 190 países en todo o mundo e cuxo propósito é vidas máis longas, sas e felices.