Hemeroteca celtismo

Xogos, actividades, sorteos e portas abertas na celebración de fin de tempada

RC Celta

bufanda-celta-balaidos.jpg

Os afeccionados poderán acceder ao vestiario do equipo xa montado, unha visita nunca feita ata agora

 

O Celta despide unha exitosa tempada este sábado en Balaídos coa disputa do último encontro de Liga ante o Espanyol, unha xornada que estará aderezada con xogos, actividades, sorteos e visitas no estadio para o goce da afección celeste.

 

Desde as 10:00 e ata as 14:00h os afeccionados poderán visitar o Museo do RC Celta e o vestiario do primeiro equipo, xa preparado para a chegada dos xogadores, unha visita nunca antes realizada até agora e que fará as delicias dos celtistas. Ademais, os seguidores que realicen a visita vestindo unha camiseta de primeiro equipamento do Celta de calquera ano, participarán no sorteo de 5 elásticas que foron utilizadas polo equipo na vitoria ante o Deportivo da Coruña en Riazor, un premio aos seguidores que axuden a encher de cor celeste as bancadas de Balaídos.

 

Para completar esta festa do celtismo, a Rúa Olímpicos acollerá unha zona de xogos e actividades enfocadas aos máis pequenos (inchables, tobogán, futbolín, talleres de maquillaxe…) que estarán supervisadas en todo momento por 13 monitores profesionais e que contan coa garantía da empresa galega XQuatro Espectáculos.

 

O colofón desta celebración será a homenaxe a Borja Oubiña nos prolegómenos do partido, un emotivo acto que comezará ás 18:15h e para o cal o club solicita aos abonados e afeccionados que acudan ao estadio con suficiente antelación.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas