G70YhSRW8AAvPZ0
Novas club

XUNTANZA: Hermanamento de afeccionados no Celta – Athletic

RC Celta

Con motivo do Celta – Athletic de Bilbao, o club abrirá Marcador Baixo de 12:00 a 14:30 para que ambas afeccións poidan convivir en Abanca Balaídos durante a previa do encontro.

A iniciativa, coordinada co Athletic a través da Área Celtista, busca dar continuidade á histórica boa relación entre os seguidores de ambos equipos. Unha relación especial entre as afeccións, construída con respecto e paixón ao longo dos anos, que quedou reflectida no minidocumental de CeltaMedia “Athletic-Celta: A orixe dunha amizade futbolera”, que narra como dúas hinchadas poden compartir o seu amor polo fútbol máis aló da rivalidade, e que se pretende seguir prolongando no último partido en casa deste 2025. Durante esta previa especial, os afeccionados poderán disfrutar de música e de prezos populares nas cantinas do estadio.

O Celta invita aos seus seguidores e aos do Athletic a compartir esta previa nun ambiente de hermanamento.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Siguiente noticia

Noticias recomendadas