Hemeroteca celtismo

YOU PLAY: 132 rapaces celtistas sentiranse xogadores do Celta da man de Hiperxel

RC Celta

youplay-hiperxel.jpg

O club vigués e a empresa galega asinaron un convenio para realizar iniciativas dirixidas á afección

 

Este verán os celtistas máis novos terán a oportunidade de vivir unha experiencia única grazas a Hiperxel e o RC Celta. A cadea de conxelados sortea desde hoxe prazas para ser un dos 132 afeccionados de 6 a 14 anos que entre os meses de xuño e agosto poderán adestrar e xogar nun escenario inesquecible: Balaídos.

 

Para participar só hai que encher un impreso que, desde este luns, entrégase con cada compra realizada en Hiperxel e depositalo nas urnas habilitadas nos establecementos da empresa galega. Os gañadores para participar nos 6 eventos Estadio de Balaídos YOU PLAY que se realizarán ao longo do período estival no estadio vigués, daranse a coñecer o 15 de xuño. Ademais, Hiperxel sorteará outros agasallos como camisetas asinadas e entradas entre todos os participantes.

 

Esta acción nace froito do convenio asinado por RC Celta e Hiperxel a partir do cal se realizarán iniciativas conxuntas nas que estean presentes os valores do deporte e o fomento de hábitos de alimentación saudables.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas