20251203_Acuerdo_ZelnovaZeltia-20
Novas club

Zelnova Zeltia, novo main sponsor de Celta Integra

RC Celta

O Celta acadou un acordo de patrocinio con Zelnova Zeltia polo que a histórica compañía do Porriño se converte en main sponsor do Celta Integra.

Grazas a esta alianza, a marca Zelnova Zeltia lucirá nun lugar destacado das equipacións de xogo e adestramento, ademais de incorporarse ao propio nome do conxunto, que a partir de agora competirá como “Celta Integra Zelnova”.

Este acordo supón un impulso fundamental para Celta Integra nun ano moi especial, xa que o equipo celebra o seu 10º aniversario, consolidándose como unha iniciativa clave do club no seu compromiso coa inclusión, a igualdade de oportunidades e o deporte para todas as persoas.

A presidenta do Celta, Marian Mouriño, destacou a relevancia do acordo: “Celta Integra é un proxecto especial dentro da casa, unha iniciativa que transmite o corazón e os valores deste club, e que unha empresa como Zelnova Zeltia aposte e queira darlle esta difusión ao proxecto é importantísimo”.

Desde a compañía galega, o seu responsable de márketing, Adrián Salgado, tamén subliña a importancia desta colaboración e afirmou que están “moi ilusionados de formar parte da familia Celta Integra. Estamos convencidos de que vai ser unha relación longa e duradeira no tempo”.

Con esta alianza, o Celta e Zelnova Zeltia abren unha etapa ilusionante, coa vontade de seguir ampliando o alcance de Celta Integra e de impulsar novos proxectos que reforcen o deporte inclusivo.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club

Noticias recomendadas