O pasado xoves, tras o encontro de Europa League entre o Celta e o OGC Nice, o ceo da cidade olívica iluminouse para render homenaxe a toda unha lenda. Centos de drons debuxaron sobre Abanca Balaídos a traxectoria de Iago Aspas, aquel neno de Moaña que soñaba con marcar un gol bonito co equipo dos maiores do Celta e acabou converténdose no xogador con máis partidos na historia do club celeste.
Unha noite máxica, un tributo á altura dunha lenda, unha historia que continúa.
Revive a homenaxe completa!