O RC Celta afronta este domingo ás 21.00 horas un encontro de máxima esixencia ante o Real Madrid. O conxunto celeste, que contará co apoio de centenares de afeccionados nas bancadas do Santiago Bernabéu, busca dar continuidade á vitoria do pasado fin de semana ante o Sevilla.
Para que a afección que non puido viaxar a Madrid poida ver unida o partido, o Salón Rexio da Sede abrirá as súas portas e ofrecerá o encontro nunha pantalla xigante. A entrada será libre até completar capacidade e haberá servizo de barra para todos os asistentes, que poderán acceder a partir das 20.30 horas.