A ecografía realizada este xoves a Andreu Fontàs confirmou que o diagnóstico dos servizos médicos celestes. O xogador sofre unha tendinite no tendón de Aquiles sen lesión estrutural aguda. Fontàs realizou esta mañá adestramento individual xa no campo e mañá sábado valorarase se pode reincorporarse ao traballo co grupo.
O defensor catalán asegurou en sala de prensa que tanto el como os doutores “somos optimistas. As miñas sensacións son mellores”.