ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

A efectividade ‘colchonera’ supera a un bo RC Celta (2-0)

RC Celta

O RC Celta saltou ao céspede do Wanda Metropolitano coa clara intención de ser protagonista. Os de Coudet buscaron o balón e non permitiron ao Atlético sentirse cómodo en ningún momento, pero a efectividade do cadro madrileño foi superior.

O brasileiro Renan Lodi adiantou aos locais a dez minutos do descanso, un gol que non derrotou ao conxunto celeste. Os vigueses recobraron forzas e volveron á carga tamén no segundo tempo, pero de novo apareceu Lodi para anotar o definitivo 2-0.

Bo partido do RC Celta que, desde xa, debe pensar no próximo duelo en Abanca Balaídos ante o RCD Mallorca. En Vigo, o conxunto olívico encadea catro xornadas consecutivas sen perder e loitará por prolongar a boa serie en casa.

FICHA TÉCNICA

2 – Atlético: Oblak, Vrsalijko, Savic, Giménez, Reinildo, Lodi (De Paul, min.64), Kondogbia (Lemar, min.69), Llorente (Carrasco, min.64), Herrera, Correa (Griezmann, min.64), Joao Félix (Luis Suárez, min.71).

0 – RC Celta: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Araújo, Galán, Beltrán, Brais Méndez, Denis Suárez, Cervi (Nolito, min.74), Iago Aspas, Santi Mina (Galhardo, min.74).

Goles: Lodi (1-0, min.35), Lodi (2-0, min.60).

Árbitro: Hernández Hernández, do comité canario. Amonestou a Savic, Giménez, Oblak, Reinildo (Atlético), Iago Aspas, Araújo, Galhardo (RC Celta).

Campo: Wanda Metropolitano.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas