ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

A efectividade do Barça anula as boas intencións do RC Celta (3-1)

RC Celta

O RC Celta comezou o partido no Camp Nou con intención de liderar o xogo. Os de Coudet ofreceron boas intencións e gozaron de suficientes ocasións como para conseguir avantaxarse no marcador. A máis clara, unha de Iago Aspas ao aproveitar un erro defensivo que lle permitiu plantarse só ante Ter Stegen. Non estivo áxil o de Moaña e Ronald Araújo apareceu “in extremis” para evitar un máis que seguro gol do dianteiro celeste.

Perdoar a un grande como o FC Barcelona adoita ser un erro fatal. Así sucedeu, unha vez máis, neste partido. Os culés aproveitaron cada un dos seus disparos a porta para marcar. No primeiro tempo Memphis e Aubameyang puxeron por diante aos de Xavi Hernández. Tras a continuación, novo exercicio de efectividade. De novo Aubameyang anotou para dar aínda máis vantaxe aos locais.

Iago Aspas apareceu no minuto 50 para empuxar o esférico a pase de Galhardo, un tanto que polo menos serve para impulsar ao canteirán celeste na súa carreira por un novo Trofeo Zarra. O partido estivo marcado pola lesión de Ronald Araújo, quen quedou tendido no céspede tras un forte golpe coa cabeza contra un compañeiro de equipo. O uruguaio tivo que ser evacuado en ambulancia, aínda que o FC Barcelona informou que se atopa estable e fóra de perigo.

O RC Celta debe pensar xa na próxima xornada, a última da tempada en Abanca Balaídos. O choque ante Elche CF debe deixar un bo sabor de boca a equipo e afección antes de despedir a 21/22.

 

FICHA TÉCNICA

3 – FC BARCELONA: Ter Stegen, Alves (Mingueza, min.89), Araujo (Lenglet, min.68), Eric Garcia, Jordi Alba; F. De Jong, Gavi, Memphis (Ansu Fati, min.64), Ferran Torres (Riqui Puig, min.46), Aubameyang (De Jong, min.84), Dembélé.

1 – RC CELTA: Dituro, Kevin (Murillo, min.46), Aidoo, Araújo, Javi Galán, Fran Beltrán (Gabri Veiga, min.90), Brais Méndez, Denis Suárez (Solari, min.96), Cervi (Fontán, min.90), Aspas, Galhardo (Tapia, min.60).

Goles: Memphis (1-0, min.30), Aubameyang (2-0, min.41), Aubameyang (3-0, min.48), Iago Aspas (3-1, min.50).

Árbitro: Ortiz Arias, do comité madrileño. Amonestou a Eric García, De Jong y Jordi Alba (FC Barcelona); expulsou a Murillo (RC Celta) con vermella directa.

Camp Nou (55.899 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas