O dominio celeste foi de menos a máis no primeiro tempo, de tal maneira que o Sevilla terminou por encerrarse no seu campo. A pesar da crecente superioridade local, as ofensivas do RC Celta finalizaban con escaso perigo para os andaluces, fóra dunha gran xogada de Denis Suárez, finalizada polo propio centrocampista cun potente disparo que puxo a proba ao porteiro rival.
O inicio da segunda parte referendou o visto ao termo do primeiros corenta e cinco minutos, se cabe con máis intensidade. Un RC Celta disposto a marcar por todos os medios lanzouse ao ataque esporeado por unha afección enganchada ao seu equipo ao máximo.
No minuto 50 chegou a mellor oportunidade para os de Coudet, un remate de Santi Mina á madeira tras unha fermosa combinación de Iago Aspas, Nolito e o dianteiro vigués.
E cando mellor estaba o RC Celta, chegou o tanto sevillista. Cinco minutos despois de estrelar un balón no poste, o cadro olívico encaixou un tanto de Rafa Mir en practicamente a primeira ocasión dos visitantes.
O gol do Sevilla FC supuxo un pau para os galegos, que non lograron recuperar a súa hexemonía sobre o céspede. Coudet moveu deu entrada a xogadores frescos e o RC Celta seguiuno tentando até o último segundo, pero o gol non chegou.
FICHA TÉCNICA
0 – RC CELTA: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Murillo, Galán, Beltrán (Galhardo, min.81), Brais Méndez, Denis Suárez, Nolito (Cervi, min.66), Iago Aspas, Santi Mina.
1 – SEVILLA FC: Bono, Jesús Navas, Gudelj, Rekik, Augustinsson, Fernando, Jordán (Óscar, min.73), Rakitic (Suso, min.52), Óliver Torres (Delaney, min.52), Ocampos (Acuña, min.73), Rafa Mir (Lamela, min.65).
Goles: Rafa Mir (0-1, min.55).
Árbitro: De Burgos Bengoetxea, do comité vasco. Amonestou a Brais Méndez, Iago Aspas (RC Celta), Rakitic, Jesús Navas, Joan Jordán (Sevilla FC).
Campo: Abanca Balaídos (10.774 espectadores).