ESCUDO-1300x400-01
Primeiro Equipo

Fútbol sen meritocracia: un RC Celta superior queda sen premio (0-2)

RC Celta

O gol resísteselle aos de Coudet. O RC Celta dominou ante a Real Sociedad desde o asubío inicial, coa presenza constante da choiva, envorcándose na área rival e enlazando dúas ocasións temperás en botas de Nolito e Denis Suárez.

Un excelente Ryan baixo paus e a ausencia de fortuna impedían aos celestes porse por diante no marcador, mesmo cunha tripla oportunidade ao fío do descanso que incriblemente non acabou co balón no fondo da rede.

O partido renovouse tras o descanso cos vigueses mantendo o nivel, pero un gol de Isak nada máis comezar a segunda parte, anulado en primeira instancia por fóra de xogo pero revisado e concedido polo VAR como bo, puxo as cousas costa arriba.

Iago Aspas, Nolito, Brais Méndez… O RC Celta tentouno unha e outra vez, pero foi de novo a Real Sociedad a que, nunha das súas escasas oportunidades, anotou nun alarde de efectividade. Elustondo anotou o definitivo 0-2.

 

FICHA TÉCNICA

0 – RC CELTA: Dituro, Hugo Mallo (Galhardo, min.78), Aidoo (Araújo, min.88), Murillo, Galán, Beltrán (Cervi, min.68), Brais Méndez, Denis Suárez (Solari, min.78), Nolito (Tapia, min.68), Iago Aspas, Santi Mina.

2 – REAL SOCIEDAD: Ryan, Zaldua, Zubimendi, Aritz, Portu, Merino, Januzaj, Aihen, Isak, Silva, Le Normand.

Goles: Isak (0-1, min.55), Elustondo (0-2, min.84).

Árbitro: Melero López, do comité andaluz. Amonestou a Beltrán (RC Celta).

Campo: Abanca Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas