ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

A loita e entrega do equipo non evitan a derrota pola mínima (0-1)

RC Celta

Derrota celeste pola mínima. O RC Celta caeu en Abanca Balaídos a pesar de loitar con intensidade até o asubío final. Os de Coudet arrincaron o encontro a moi bo nivel, dominando e encadeando varias ocasións en botas de Iago Aspas ou Santi Mina. A efectividade que faltaba aos celestes si a tivo Iñaki Williams, que nunha das súas primeiras chegadas, no minuto 34, anotou o único gol do partido.

O RC Celta chega ao parón ligueiro cun punto no seu contador. Toca seguir traballando e mellorar para sumar pronto unha vitoria.

 

FICHA TÉCNICA

0 – RC CELTA: Dituro, Hugo Mallo, Aidoo, Araújo, Galán, Tapia (Solari, min.70), Brais Méndez, Denis Suárez (Beltrán, min.64), Nolito (Cervi, min.64), Iago Aspas, Santi Mina.

1 – ATHLETIC: Unai Simón, Lekue, Vivian, Íñigo Martínez, Balenziaga, Dani García, Vencedor (Williams, min.67), Berenguer, Muniain (Zarraga, min.67), Williams, Sancet (Raúl García, min.74).

Goles: Iñaki Williams (0-1, min.34).

Árbitro: Mateu Lahoz, do comité valenciano. Amonestou a Brais Méndez (RC Celta).

Campo: Abanca Balaídos (5.900 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas