16-9
Novas primeiro equipo

O Celta xa coñece as primeiras datas da súa pretemporada 2026/27

RC Celta

O Celta comeza a definir cal será a folla de roteiro do conxunto celeste nesta pretemporada. Os de Claudio Giráldez enfrontaranse ao SC Braga o próximo 18 de xullo no Estadio Municipal de Braga e, unha semana máis tarde, o 25 de xullo, Día Nacional de Galicia, medirase ao Sporting de Gijón na Lomba, Vilagarcía de Arousa.

A primeira proba do verán levará aos celestes ata Portugal para enfrontarse a un dos clubs máis consolidados do fútbol luso. O SC Braga, habitual en competicións europeas, supoñerá unha esixente proba para iniciar a actividade estival.

O segundo compromiso terá un significado especial xa que coincidirá co Día de Galicia. O Celta disputará na Lomba un encontro ante todo un histórico do fútbol español, o Sporting de Gijón. Unha cita que será a oportunidade perfecta para reencontrarse coa afección celeste en terras galegas.

Proximamente daranse a coñecer os horarios de ambos os encontros que inaugurarán o calendario de pretempada do primeiro equipo, co obxectivo de preparar do mellor xeito un novo e ilusionante curso.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas