O equipo xa ten marcada no calendario a volta ao traballo. O plantel do RC Celta volverá á actividade tras as vacacións de verán o vindeiro mércores 2 de xullo, momento no que iniciará a preparación para a próxima tempada.
Os xogadores celestes arrincarán coas habituais probas médicas, que se realizarán ao longo da primeira semana do mes. Tras isto, comezarán os adestramentos e os primeiros compromisos, que se anunciarán proximamente.
A pretempada desenvolverase maioritariamente en Vigo, como xa ocorreu o pasado verán, e servirá para poñer a punto ao equipo para un curso ilusionante, cheo de novos retos e unha competición máis no horizonte.