O primeiro equipo celeste atópase inmersa na pretempada co obxectivo de chegar na mellor forma posible á estrea ligueira en Abanca Balaídos o vindeiro domingo 15 de agosto.
Para iso, o corpo técnico deseñou unha preparación que consta dun stage en Marbella e tres partidos amigables.
Concentrados na localidade malagueña, os célticos adestrarán en xornadas de dobre sesión até o 23 de xullo nas instalacións do Marbella Football Center, onde disputarán o sábado 24 o primeiro partido amigable co Atlético Sanluqueño, para posteriormente, o domingo 25, viaxar de volta a Vigo.
Con tres semanas por diante antes do debut en LaLiga 2021/22, o RC Celta seguirá coa súa posta a punto con dous amigables de primeiro nivel no horizonte.
O primeiro deles será Leverkusen, Alemaña, o sábado 31 de xullo, ante o Bayer 04 Leverkusen, un rival de gran entidade e que estará na próxima edición da UEFA Europa League. E o segundo en Wolverhampton, Inglaterra, o 7 de agosto, só unha semana antes de que empece a competición oficial, e ante o Wolves da Premier League.
O arranque ligueiro será o domingo 15 de agosto ás 17:30 en Abanca Balaídos fronte ao Atlético de Madrid.