O central tén unha escordadura acromioclavicular no ombreiro dereito, producida ante o Betis
A radiografía realizada hoxe ao defensa celeste Fontàs, quen sufriu unha escordadura-contusión acromioclavicular no seu ombreiro dereito durante o partido fronte ao Real Betis, desvela que non existe ningunha lesión ósea. O xogador manterá dor durante unhas semanas, pero en principio poderá xogar o próximo venres.