O pasado domingo Carles Planas retirouse lesionado do Celta-Betis. Tras realizar unha radiografía ao futbolista, os servizos médicos do club descartan a existencia de fracturas e confirman que sofre un traumatismo no seu xeonllo esquerdo. Os galenos célticos valorarán a lesión os próximos días segundo a súa evolución.