kevin-vazquez-celta-real-sociedad-copa-anoeta-051218.jpg
Primeiro Equipo

A Real Sociedad remata co soño copeiro do RC Celta (2-0)

RC Celta

RC Celta despediuse da Copa do Rei en Anoeta. O equipo adestrado por Miguel Cardoso caeu coa Real Sociedad (2-0) no partido de volta dos 1/16. O club donostiarra fixo bo o empate colleitado en Balaídos o 1 de novembro.

Foi unha primeira metade marcada pola igualdade entre ambos equipos. O conxunto celeste comezou impoñendo o seu estilo no terreo de xogo e súas foron as primeiras ocasións de perigo. Os donostiarras adiantáronse no marcador cun gran gol de Oyarzabal no minuto 10 e un cuarto de hora despois dobraron a vantaxe cun tanto de Januzaj.

Despois do intervalo, o RC Celta fíxose coa posesión do balón en busca dun gol que o metese na eliminatoria. Miguel Cardoso moveu o banco e deu entrada a Jozabed, Maxi Gómez e Iago Aspas. Os celestes gozaron de varias ocasións para reducir a distancia no marcador aínda que non puideron materializar ningunha delas.

FICHA TÉCNICA

2-R.Sociedad: Moyá; Zaldua, Le Normand, Moreno (Aritz min.74), Theo; Oyarzabal, Illarra, Zurutuza (Zubeldia min.51), Januzaj (Mikel Merino min.82); Juanmi y Willian José

0-RC Celta: Sergio; Kevin, Cabral, Araujo, Júnior Alonso, Mazán; Fran Beltrán, Okay (Jozabed min.55), Hjulsager (Aspas min.69), Sisto y Emre Mor (Maxi Gómez min.57).

Goles: 1-0, min.9: Oyarzabal; 2-0, min.27: Januzaj;

Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano.

Campo: Anoeta.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas